CARLOS CASARES MOURIÑO

Deuse a coñecer con «Vento ferido» (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Entre as súas obras sobresaen: «Cambio en tres» (1969), «Xoguetes pra un tempo prohibido» (1975), «Vos escuros soños de Clío» (1979), «Ilustrísima» (1980), «Vos mortos daquel verán» (1987), «Na marxe de cada día: follas dun diário (1994), «Deus sentado nun sillón azul» (1996), «Un país de palabras» (1999) y «O sol do verán» (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou «A galiña azul» (1968), «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973), «O can Rin e o lobo Crispín» (1983), «Lolo anda en bicicleta» (1996), «O galo de Antioquía» (1994), «Un polbo xigante» (2000), e a serie de Toribio: «Este é Toribio» (1991), «Toribio contra o profesor Smith» (1991), «Toribio e o contador de contos» (1991), «Toribio ten unha idea» (1992) y «Toribio revoluciona o tráfico» (1994).
Como biógrafo e ensaísta produciu traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez. O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan o mundo de hoxe constituíron as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensayístico.
Traduciu varias obras ao galego.
Para coñecer a este autor e a súa obra mellor pronpoñemos unha serie de activiades moi divertidas e amenas, desfrutade delas:

Ningún comentario:
Publicar un comentario