O mundo de Zas
Queremos darvos a benvida ao novo blogue da Biblioteca do Ceip Princesa de España de Verín. Desexamos que este sexa un curso cheo de viaxes a través dos libros e soños convertidos en realidade. Moitas grazas por visitarnos!!!
sábado, 3 de marzo de 2018
mércores, 9 de agosto de 2017
martes, 8 de agosto de 2017
sábado, 10 de xuño de 2017
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
BENVIDO VERÁN.
Achégase o verán, é hora de facer a maleta para irnos de vacións, teremos que meter o bañanador, a toalla, a crema bronceadora, e porque non varios libros e contos, para pasar mellor o rato.Aqui deixámosvos algunhas suxerencias.
¡BOA LECTURA!
.MIS LECTURAS PARA OS MÁS PEQUES DA CASA.
MIS LECTURAS PARA NOS.
- Un clásico. Cumbres borrascosas. Emily Bronte.
- Unha de piratas. Martín ojo de Plata. Matilde Assensi
-Para vivir mil y unha sensacións. Mil soles .Dominique Lapierre
-Unha novela de amor. Carol.Patricia Highsmith
martes, 16 de maio de 2017
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VERÍN.
Este ano o alumnado de 1º e 2º curso do CEIP: Princesa de España achegouse á biblioteca municipal, para coñecer as distintas actividades e dependencias da mesma.
A biblioteca de Verín é un magnífico espazo para amosar a literatura infantil aos nenos e nenas Animamosvos a seguir coñecendoa e a disfrutar das súas actividades.
luns, 15 de maio de 2017
COÑECENDO A FRIDA KHALO
Os nenos de 2º fixeron este proxecto sobre esta marabillosa pintora. Investagaron a súa vida, a súa obra e o seu mundo, pintaron seu retrato, fixeron un mural moi bonito e un libro que podedes ver agora, Tamén fixeron unha Festa Méxica; con comida, música mexícana, traixes típicos de alí....Que mellor forma de coñecer outras culturas? Espero que os guste:
LIBRO DE FRIDA
FESTA MÉXICANA
frida kahlo - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
luns, 8 de maio de 2017
Letras Galegas 2017
CARLOS CASARES MOURIÑO
Este ano o omenaxeado das letras galegas, é este escritor ourensano, naceu un 24 de augusto en 1941. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector en varias universidades europeas. De volta a Galicia estableceu a súa residencia en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade cultural e profesional como escritor, editor e catedrático de instituto.Deuse a coñecer con «Vento ferido» (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Entre as súas obras sobresaen: «Cambio en tres» (1969), «Xoguetes pra un tempo prohibido» (1975), «Vos escuros soños de Clío» (1979), «Ilustrísima» (1980), «Vos mortos daquel verán» (1987), «Na marxe de cada día: follas dun diário (1994), «Deus sentado nun sillón azul» (1996), «Un país de palabras» (1999) y «O sol do verán» (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou «A galiña azul» (1968), «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973), «O can Rin e o lobo Crispín» (1983), «Lolo anda en bicicleta» (1996), «O galo de Antioquía» (1994), «Un polbo xigante» (2000), e a serie de Toribio: «Este é Toribio» (1991), «Toribio contra o profesor Smith» (1991), «Toribio e o contador de contos» (1991), «Toribio ten unha idea» (1992) y «Toribio revoluciona o tráfico» (1994).
Como biógrafo e ensaísta produciu traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez. O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan o mundo de hoxe constituíron as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensayístico.
Traduciu varias obras ao galego.
Para coñecer a este autor e a súa obra mellor pronpoñemos unha serie de activiades moi divertidas e amenas, desfrutade delas:
DÍA DO LIBRO
Os nenos del princesa expresan o seu amor pola lectura con fotos e debuxos.....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)